HomePolítica190.000 euros dos orzamentos da Xunta para o Hospital de Monforte no...

190.000 euros dos orzamentos da Xunta para o Hospital de Monforte no 2019 segundo En Marea

O PP vota en contra de todas as emendas de En Marea que supuñan un aumento de fondos para a sanidade. Así as cousas, entenden desde En Marea que a Xunta compromete para o Hospital monfortino o que lle corresponda da partida de 690.000 euros “actuacións de mellora en hospitais comarcais” na provincia.

Publicado o

- Advertisement -

Aseguran desde En Marea que seguirán insistindo nas melloras que consideran urxentes para o Hospital de Monforte, como ter un reforzo estrutural de persoal, mellorar as dotacións e solucionar as listas de agarda das que dín seguen sen ter datos concretos por parte da Xunta. Tampouco tiveron información do número de derivacións ao HULA e insisten, desde En Marea, en coñecer o plan de mellora que a Xunta afirmou ter para o Hospital e do que aínda non se sabe nada.

Agardan que o Sergas solucione a situación de saturación da Atención pediátrica na comarca e pedirán un reforzo da fisioterapia no distrito sanitario do Sur de Lugo, ante a longa lista de agarda para este servizo, que consideran esencial para unha poboación envellecida.

Interésanse, asemade, pola amortización dunha praza de telefonista, que segundo En Marea, evidencia a tendencia a privatizar servizos e aumentar a dependencia de Lugo. Destacan a importancia de manter servizos de xestión directa no Hospital, como lavandeiría e cociña; frente a aposta do PP por modelos centralizados de contratación e aumento das privatizacións, segundo apunta En Marea.

Dende En Marea aseguran que seguirán a acompañar o tecido asociativo, cidadanía en xeral e persoal do Hospital que defenden a Sanidade pública e o mantemento do Hospital. Afirman que se o Hospital non perdeu máis servizos foi pola presión social e poñen ao servizo desta mobilización os seus recursos.

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...