HomePolíticaO PP de Monforte defenderá no pleno unha nova localización para o...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha nova localización para o centro de día

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno que o Concello inicie os traballos oportunos para buscar e trasladar a unha nova localización o centro de día, para que así conte cunhas instalacións máis adecuadas ao servizo que presta e con espazos exteriores para o goce dos usuarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, recorda que as instalacións actuais, en uso dende o ano 2005, semellan “non ser as máis adecuadas” (actualmente no edificio da praza de abastos) xa que, segundo confirmaron empregados e familiares de usuarios “a accesibilidade é mellorable e non hai zonas exteriores para os usuarios”.

Ante esta situación, hai familias de Monforte que optan por solicitar praza nos centros de día doutras localidades próximas ao ter mellores instalacións. Por este motivo “consideramos necesario buscar unha nova localización para o centro de día de Monforte, con mellores instalacións, para poder dar o servizo que se necesita”.

Os concelleiros populares explican que os centros de día son un recurso moi necesario xa que prestan atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, as relacións con outras persoas e a permanencia no entorno habitual.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...