HomePolíticaPor Chantada denuncia o abandono das estradas provinciais do municipio e pide...

Por Chantada denuncia o abandono das estradas provinciais do municipio e pide coherencia a Tomé

Por Chantada insiste no abandono das estradas provinciais no termo municipal, "mentres en Antas ou Monforte a Deputación aglomera e a xente pode andar en zapatillas".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antom Fente lembra que recentemente o alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, José Tomé Roca, mostrábase indigando polas obras desenvoltas pola Xunta na rúa Chantada de Monforte, “vaia paradoxo, porque as escasas actuacións do ente provincial en Chantada son igual ou piores como se pode ver en Xedive onde os máis de cen mil euros investidos deberon ser todos para o cartaz, o único que quedou ben”. O voceiro da plataforma veciñal fai referencia á recente actuación na LU-P-1818, “só se executou entre Xedive e Andemil e xa se observan as fochancas, pois só se lle botou unha pouca grava sen tan sequera botar rego asfáltico en toda a plataforma”.

Por Chantada demándalle á Deputación un plan plurianual de aglomerado con datas e orzamento para ter todas as estradas conforme é debido antes do 2027. Mentres considera que hai estradas que son “unha calamidade” como a LU-P-1817 na parroquia de Brigos, a LU-P-1816 nos quilómetros 1 e 2 ou a LU-P-1811 entre Rolle e Senín. “Para Antas e Monforte aglomerado e proxectos faraónicos, para Chantada gravillas. É unha discriminación igual ou pior ca nos tempos de Cacharro Pardo en San Marcos”.

A candidatura veciñal lamenta tamén que non haxa resposta ao acordo unánime da Corporación de Chantada adoptado en 10 de outubro e que solicitaba a ampliación da curva do Seixo e o arranxo das estradas provinciais. “Non entendemos que continue así a curva do Seixo co tránsito que ten e a carón do Sangoñedo. Chantada está deixada da man de Deus porque padece a pior caste de caciquismo: por un lado, un goberno PSOE-BNG na Deputación que decide investir en calquera lado menos aquí e un alcalde do PP no concello que non ergue a voz e ten aínda tamén moitas pistas e accesos a lugares en condiciós catastróficas porque só se vai facendo de 4 en 4 anos. Para pasar recibos e cobros andan máis agudos”, conclúe Fente

ÚLTIMAS

Preséntase a documentación definitiva da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

López Campos destacou que a Xunta cumpriu rigorosamente cos trámites e cos tempos esixidos,...

Para cando furanchos en Pantón?

En novembro do 2023 o BNG de Pantón presentaba unha moción para posibilitar a...

A ‘Festa do Chourizo’ abrirá as Festas do San Vicente en Margaride

Esta fin de semana Margaride de Lor, no Concello de Quiroga, estará de festas...

Este 23 de xaneiro ábrese o prazo de solicitudes para o Coñece a túa provincia

A Deputación de Lugo abre este xoves, 23 de xaneiro ás 12:00h, o prazo...