HomePolíticaMocións de Esperta Monforte ao pleno deste luns

Mocións de Esperta Monforte ao pleno deste luns

Nunha das mocións Esperta Monforte pide a homologación das pistas de atletismo "Saleta Fernández".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns unha moción para mudar o sistema de subvencións nominativas. A partida para esta finalidade é de 175.540€ e consideran que son asignacións a dedo que se fan sen cumplir os principios básicos de publicidade, transparencia e obxectividade.

Esperta Monforte considera que as cantidades son suficientemente importantes como para ser asignadas de forma arbitraria e piden mudar o sistema de concesión das subvencións nominativas para que pasen a ser por concorrencia competitiva.

Noutra moción esta formación política solicita a homologación das pistas de atletismo “Saleta Fernández”. Consideran que unha vez se están facendo melloras na zona deportiva da Pinguela, esta actuación pendente debería executarse.

.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...