HomePolíticaO BNG denuncia no Parlamento o deterioro do Mosteiro de San Salvador...

O BNG denuncia no Parlamento o deterioro do Mosteiro de San Salvador de Asma

O BNG levou ao Parlamento o estado de deterioro no que se encontra o Mosteiro de San Salvador de Asma, no concello de Chantada, e reclamou á Xunta que promova unha prospección arqueolóxica e iniciar unha investigación para intentar recuperar as pezas roubadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado, Iago Suárez, subliñou que non se trata só de salvar edificios históricos, senón tamén de “salvar a nosa identidade cultural”. O mosteiro, datado no século X, está considerado unha das maiores xoias do románico na comarca e un dos bens máis importantes do patrimonio histórico de Galiza, tendo a categoría de Ben de Interese Cultural (BIC).

Suárez lembrou que A Irmandade Cultural País do Faro leva anos denunciando o deterioro do mosteiro, así como o espolio do mesmo, cunha magnitude que non puido verificarse até hai pouco pola imposibilidade de acceder á edificación. “O que alí atoparon foi descorazonador”, lamentou.

Neste punto, o deputado amosou varias fotos onde se puideron aprezar os agravios cometidos contra o patrimonio que se constataron nos últimos tempos. Entre eles,  figura a substitución das escaleiras orixinais por outras de obra nova, subliñou o deputado nacionalista, que tamén denunciou que o claustro orixinal foi completamente destruído. Ademais, varias das portas orixinarias foron tapiadas con cemento, eliminando no proceso dúas portadas románicas de incalculable valor, que incluían columnas, bases, cimacios, tímpano e capiteis decorados. Desapareceu así mesmo un tímpano cun motivo único en toda a Península Ibérica, e outras pezas de gran valor artístico foron igualmente espoliadas, segundo indicou o deputado da zona.

O deputado da zona salientou que este é un caso claro de que o patrimonio galego necesita a protección efectiva das autoridades competentes. “É doloroso ver o espolio que se cometeu con esta auténtica xoia de Chantada, da Ribeira Sacra e de toda Galiza”, expresou, para a continuación preguntar “onde estivo a Xunta de Galiza nestes últimos 35 anos?”, especialmente cando se trata dunha edificación protexida e catalogada como BIC.

Neste sentido, na súa quenda de réplica, Suárez aproveitou para preguntarlle ao conselleiro de Cultura como é posible que, sendo un Ben de Interese Cultural, a Xunta non garantise o cumprimento do réxime de visitas,  e asegurou non comprender como o Goberno galego, tendo, segundo dixo o conselleiro, coñecemento do estado no que se encontraba o mosteiro desde 2019, en seis anos non se entrase no edificio.

ÚLTIMAS

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...