HomePolíticaOs deputados do PP denuncian "trato discriminatorio" do Goberno de Sánchez coa...

Os deputados do PP denuncian “trato discriminatorio” do Goberno de Sánchez coa veciñanza de Santo Estevo do Sil

Os deputados populares por Lugo, en nome de todo o PP da provincia, interesáronse por coñecer de primeira man a situación dos veciños deste núcleo atendendo á chamada do alcalde de Pantón e esixiron dende o Congreso que o Goberno de Sánchez aclarase as medidas previstas por ADIF para facilitar un acceso peonil aos veciños de San Estevo do Sil, en Pantón, que previamente dispoñían dun paso autorizado e sinalizado para cruzar as vías na estación e que, tras as obras, quedaron sen ningunha outra alternativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados do PP lucense -Francisco Conde Jaime De Olano e Cristina Abades– trasladan a súa “indignación” ante a resposta do Goberno de Sánchez ás súas preguntas sobre a situación de illamento dos veciños e veciñas do núcleo de Santo Estevo do Sil, en Pantón, debido ao peche da liña Ourense-Monforte a ambas marxes da vía do tren. “Non se pode admitir que digan que coa actuación non se varían os accesos ás vivendas e viñas existentes na marxe esquerda”, subliña o deputado Francisco Conde.

O Goberno de Sánchez limítase a dar explicacións técnicas do proxecto para o tratamento de andéns e cruzamentos nas estacións do tramo Ourense – Monforte e asegura que con anterioridade ás obras de renovación da liña non existía ningún paso a nivel, senón un cruce entre andéns para os viaxeiros.

“Esta resposta evidencia que o Goberno de Sánchez non ten interese ningún en atender as necesidades dos veciños e veciñas de Pantón, unha postura que adopta en relación a todos os lucenses en xeral”, manifesta Conde. “Ademais da falta de sensibilidade coa situación dos veciños de Santo Estevo do Sil, o Goberno demostra un total desinterese pola seguridade da vía: tampouco responde sobre as medidas a adoptar para garantir a seguridade dos usuarios da liña ferroviaria; xa que o peche metálico bloquea a única saída en caso de incendio ou inundación por estar este núcleo nunha zona inundable”.

Os populares condenan novamente este “trato discriminatorio”, toda vez que as obras nesta liña ferroviaria incluíron actuacións en plataformas, pasos inferiores e outras estruturas en estacións e apeadoiros. Por exemplo, na estación de Canaval, en Sober, habilitouse un paso peonil inferior como alternativa ao paso sobre a vía que existía con anterioridade.

Conde avanza que “seguiremos insistindo con novas iniciativas parlamentarias para conseguir que ADIF rectifique e non discrimine aos veciños de Santo Estevo do Sil que merecen o máximo respecto e consideración”.

ÚLTIMAS

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...