HomePolíticaO BNG leva ao Senado iniciativas para modernizar o tramo ferroviario Monforte-Ponferrada

O BNG leva ao Senado iniciativas para modernizar o tramo ferroviario Monforte-Ponferrada

A senadora do BNG, Carme da Silva, vén de rexistrar iniciativas para impulsar a modernización do tramo Monforte-Ponferrada e mellorar o transporte ferroviario na comarca de Valdeorras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A senadora nacionalista recordou que o pasado 26 de novembro reabriuse ao tráfico ferroviario a liña Monforte-Ourense despois de dous anos de obras para a súa modernización e electrificación “grazas ao Acordo de Investidura conseguido polo BNG na anterior lexislatura”. Con todo, o BNG insiste en que é imprescindible acometer melloras no tramo entre Ourense e Ponferrada-León para incrementar os servizos e a calidade do transporte ferroviario en Valdeorras.

O BNG preguntará ao Ministerio de Transportes que investimentos ten previsto realizar a curto e medio prazo para avanzar na modernización da liña Monforte-Ponferrada, “fundamental para garantir a conexión nesta comarca entre si e co resto do país” engade da Silva.

“Até o de agora só se coñece o anuncio do Ministerio de Transportes, en xuño do ano pasado, para a redacción dun estudo de viabilidade sobre o tramo León-Ponferrada, mais non hai ningunha concreción sobre o tramo que atravesa Valdeorras” subliña da Silva. “Hai que ter en conta que a conexión Monforte-León está incluída no Corredor Atlántico para o transporte de mercadorías, pero apenas recibiu investimentos malia contar con partidas orzamentarias” lembra a senadora do BNG.

“Defendemos a modernización urxente do tramo Monforte-Ponferrada, acompañada dun incremento de servizos e da dotación de persoal suficiente. Só así poderemos asegurar un transporte ferroviario digno e eficaz, contribuíndo á vertebración territorial e ao impulso económico de Valdeorras” conclúe a senadora do BNG

ÚLTIMAS

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...