HomePolíticaA Consellería de Sanidade responde a Katy Varela que agardan recuperar pronto...

A Consellería de Sanidade responde a Katy Varela que agardan recuperar pronto a normalidade co mamógrafo no Hospital monfortino

A voceira do PP remitiu un escrito á Consellería sobre esta cuestión e na resposta aseguran "que estase a traballar desde o primeiro momento e que as xestións están moi avanzadas polo que se agardar recuperar a normalidade nas vindeiras semanas".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería asegura que xa se comunicou ás pacientes dende o pasado 17 de febreiro, que de de forma provisional, os cribados de cancro de mama deste distrito sanitario realizábanse en Lugo, “Isto é consecuencia da necesidade de retirar o mamógrafo do hospital para avaliar o alcance da reparación necesaria. Todas as probas realizadas con ese equipo no marco do programa de cribado, e informadas polos médicos especialistas correspondentes, contan con plenas garantías”.

Segundo a Consellería a medida provisional de realización dos cribados en Lugo adoptouse co obxectivo de garantir a atención sanitaria de maneira áxil ata que se restableza a normalidade no mamógrafo do Hospital comarcal de Monforte de Lemos.

Desde a Consellería afirman, “Cuestionar a fiabilidade das probas realizadas é de suma gravidade xa que, non só pon en dúbida a calidade do servizo sanitario que se lles presta aos pacientes e cuestiona a profesionalidade dos médicos especialistas en radioloxías que emitiron e asinaron os informes relativos a esas probas, senón que tamén xera unha alarma social totalmente infundada”.

Na resposta dada á voceira popular engaden, “Nos últimos anos fixéronse melloras por valor de máis de 4,5 millóns de euros, renovouse o hospital de día oncohematolóxico e farmacia hospitalaria; en xuño de 2024 comezaron as obras do novo laboratorio de microbioloxía e da área de cardioloxía e, a principios deste mes de febreiro, adxudicáronse as obras das novas áreas de pneumoloxía e dixestivo. Os investimentos demostran que o compromiso da Xunta de Galicia co Hospital comarcal de Monforte de Lemos é firme e manifesto”.

ÚLTIMAS

Completo programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e 15 de marzo

O sábado, 14 de marzo, a mostra abrirase co “III Congreso arredor do Aceite...

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...