HomePolíticaCómpre mellorar a cobertura móbil en Sarria e Lemos

Cómpre mellorar a cobertura móbil en Sarria e Lemos

O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade a proposta do Goberno para mellorar a cobertura de telefonía móbil nos concellos da provincia.

Publicado o

- Advertisement -

En Comarcas como Sarria ou Lemos só ofrece garantías un único operador nas zonas urbanas, mentres que a cobertura é moi deficiente nas parroquias. E esta situación repítese noutras comarcas da provincia.

Vista esta situación acordouse instar á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), dependente da Xunta, e ao Executivo Central a poñer en marcha medidas coas que incrementar as zonas de cobertura e chegar á totalidade do territorio lugués.

O Deputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, subliñou que “a día de hoxe unha gran parte da provincia ten unha cobertura deficiente e hai abundantes zonas escuras. Que algo tan elemental en pleno século XXI non funcione ou funcione mal pode poñer en risco a modernización do propio tecido produtivo, porque resulta moi complicado concibir a creación dun novo negocio sen que nunha determinada zona do rural da provincia de Lugo o citado servizo estea asegurado”.

O despregue de telefonía móbil e de banda ancha recaeu nos últimos anos na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) que depende da Xunta de Galicia. “A pesar de que dende este organismo aseguran que na actualidade o 94% da poboación está cuberta, a realidade é que na provincia de Lugo existe unha deficiente cobertura con abundantes zonas de sombra”, explicou.

Neste senso, Rivera Capón subliñou que “o optimismo que se desprende dos datos da Axencia Tecnolóxica está totalmente inxustificado porque un estudio de campo no que se radiografían moitos concellos da nosa provincia demostra precisamente todo o contrario”.

 

 

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...