HomePolítica360.000€ para mellorar os servizos da sede de AFAMON

360.000€ para mellorar os servizos da sede de AFAMON

As deputadas do Grupo Popular Katy Varela e Raquel Arias mantiveron un encontro con responsables da Asociación de familiares con persoas con alzheimer de Monforte (Afamon) para coñecer a evolución das obras da súa nova sede

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas obras de mellora que financia a Xunta con 360.000 euros permiten ampliar a atención ás persoas con deterioro neurolóxico-cognitivo e enfermos de parkinson, demencia ou ictus.

Na reunión que celebraron coa presidenta e vicepresidente de Afamon en Monforte, Estrella Rodríguez e Carlos Álvarez, Katy Varela e Raquel Arias salientaron que as novas instalacións permitirán á entidade ampliar os servizos que prestan na actualidade, limitados a persoas con deterioro cognitivo en fase inicial. “Ao contar cunhas dependencias máis amplas e con espazos ao aire libre, a actividade poderán ampliarse para dar cobertura a persoas cun deterioro moderado, así como de apoio a familiares e terapias de grupo”, concretaron.

As deputadas populares puxeron en valor a preocupación da Xunta en atender as necesidades sociais dos veciños de Monforte e a súa contorna a través de colaboracións como a que está a levar adiante coa asociación Afamon.

ÚLTIMAS

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...