HomesociedadeO BNG de Monforte esixe responsabilidades ao goberno municipal tras a sentenza...

O BNG de Monforte esixe responsabilidades ao goberno municipal tras a sentenza firme en favor do profesorado do Conservatorio

Despois de seis anos de conflito xudicial, o Tribunal Supremo vén de inadmitir a trámite o recurso de casación interposto polo Concello de Monforte contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que recoñecía os dereitos laborais do profesorado do Conservatorio Profesional Mestre Ibáñez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta resolución, a sentenza do TSXG faise firme, establecendo un importante precedente legal en defensa dos traballadores dos conservatorios municipais. Para o BNG de Monforte este desenlace confirma que “o goberno municipal goberna a golpe de imposicións, sen vontade real de diálogo e sen capacidade para xestionar un problema que nunca debería ter chegado a este punto. Situacións coma esta non só prexudican os traballadores, senón que tamén poden afectar negativamente ao alumnado”.

Consideran os nacionalistas “”especialmente significativo que esta sentenza se faga firme xusto despois de que o goberno municipal aceptase, tras unha moción do BNG aprobada no pleno de xaneiro, a transferencia da xestión dos conservatorios municipais á Xunta de Galicia”. O xoves ,27 de marzo, a Comisión de Educación do Parlamento de Galicia debaterá a iniciativa do BNG para que a Xunta, a través da Consellería de Educación, asuma de maneira definitiva as competencias sobre a xestión e o custo dos Conservatorios de Música, actualmente en mans dos concellos.

Segundo o BNG esta resolución xudicial confirma que “na xestión do conservatorio aplicáronse medidas inxustas, como expedientes disciplinarios que foron anulados pola xustiza, recortes salariais indebidos e a negativa a recoñecer dereitos adquiridos polo profesorado. Moitos docentes sufriron un grave desgaste persoal e profesional debido a esta situación, que, segundo testemuñas dalgúns afectados, chegou a afectar a súa saúde mental”.

Con todo o BNg de Monforte esixe ao alcalde e ao seu equipo de goberno que asuman responsabilidades e rectifiquen a súa actitude. “O goberno municipal non pode seguir gobernando a base de imposicións e conflitos. Urxe unha rectificación e un cambio de rumbo na forma de gobernar”, concluíu Manuel Luaces, responsable local do BNG

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...