HomePolíticaO PP lucense esixirá no Senado que se “desbloquee o acceso” ao...

O PP lucense esixirá no Senado que se “desbloquee o acceso” ao Porto Seco de Monforte

Os populares lembran que “a Xunta é a administración máis comprometida co proxecto” á vista de que “leva investido 20M€ e cada ano reserva nos orzamentos autonómicos unha partida para a execución do acceso que o Goberno de España mantén bloqueado”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- interesáronse na Cámara Alta, a petición do PP de Monforte de Lemos, polas xestións dependentes do Goberno de España en relación ao Porto de Seco, un dos proxectos estratéxicos no ámbito do impulso das infraestruturas loxísticas.

Coa resposta oficial a preguntas dos populares no Senado, “o Goberno de Sánchez recoñece que ten bloqueada a construción da vía de acceso dende a plataforma loxística coa estrada N-120”.

Un dos principais obstáculos para a posta en marcha desta área de máis de 146.000 metros cadrados de solo industrial e con capacidade intermodal para combinar transportes de mercadorías en automóbil, vehículos pesados e transporte ferroviario “é a esixencia de ADIF, o administración das infraestruturas ferroviarias, para que sexa a Xunta de Galicia a que asuma a supresión dun paso a nivel sobre a vía”, apuntan os populares.

Os senadores advirten que o acceso se atopa “bloqueado dende fai 6 anos” e “o Goberno de Sánchez non ofrece ningunha solución”. É por iso polo que os representantes do Partido Popular esixirán ao Goberno de España, a través dunha iniciativa no Senado, o desbloqueo desta situación.

ÚLTIMAS

Xanela únese á rede aberta de Bluevía e poderá chegar ao 100 % do territorio galego

Con este acordo Xanela poderá comercializar os seus servizos sobre a rede FTTH de...

‘II Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga’, Mostra de aceites locais e visitas ao Muíño de Bendilló

Quiroga recupera este evento para celebrar a súa segunda edición dun encontro divulgativo arredor...

Sober dedícalle a rúa do colexio á pintora Maruja Mallo

Tamén este xoves dentro da programación para honrar a memoria de Maruja Mallo celebrouse...

Do 4 ao 14 de abril celébrase o ‘Val de Quiroga de Tapas’

Entre o 4 e o 14 de abril desenvolverase a décimo terceira edición do...