HomePolíticaEsperta Monforte leva a pleno a rehabilitación e posta en valor da...

Esperta Monforte leva a pleno a rehabilitación e posta en valor da muralla medieval

Esperta Monforte tamén leva ao pleno dúas preguntas, canto lle levan costado ao concello os seis anos de xuízos cos docentes do Conservatorio Profesional Mestre Ibáñez e se se entende desde o concello, a importancia de planificar as obras correctamente para non xerar malestar, como din acontece coa hostalaría e os comercios da rúa Cardenal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns unha moción para a rehabilitación e posta en valor da muralla medieval, que foi declarada Monumento Nacional en 1949 “para favorecer a súa protección, pero a realidade é que se atopa nun estado de abandono e ruína deplorable”. Polo que Esperta Monforte propón a unidade de todos os grupos para implicarse na rehabilitación e posta en valor da muralla. Con todo, queren acometer de forma inmediata os traballos máis urxente da limpeza e consolidación da muralla nas zonas máis críticas; incluír no orzamento do concello unha partida de gasto plurianual para o mantemento da muralla; instar a todas a administracións a implicarse no financiamento dun Plan Integral para a rehabilitación e posta en valor da muralla e do seu entorno.

Noutra moción solicita a declaración do Concello de Monforte de Lemos libre de eucaliptos. Alertando xa no 2019 e no 2023 das plantacións que hai en prácticamente as 26 parroquias que comprenden o rural de Lemos. Instan ao concello a que como capital da Ribeira Sacra faga esta declaración e que solicite á Xunta responsabilidades polas plantacións existentes. Reclaman así máis rigor na prevención de incendios forestais.

Neste punto lémbranse do proxecto da Altri en Palas de Rei, “fomentando un modelo forestal que causará grandes estragos ambientais” e piden a paralización inmediata da construción de Altri e a elaboración dunha lei de ordenación forestal “coherente co que representa Galicia, onde primen os intereses do benestar medio ambiental por encima dos especulativos.

No apartado de pregos pídenlle ao concello que publiquen no Facebook do concello as sentenzas desfavorables, como publican as favorables e que se retiren os postes de luz e telefonía que hai no medio das vías, pasándolle a correspondente factura aos responsables dos mesmos.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...