HomePolíticaO PP de Monforte solicita que se habiliten aseos públicos na cidade...

O PP de Monforte solicita que se habiliten aseos públicos na cidade para evitar “condutas incívicas”

Os concelleiros do PP de Monforte solicitaron no pasado pleno que o Concello habilitase aseos públicos no municipio para mellorar a imaxe que se dá aos turistas que se achegan cada verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, sinala que se debería de poñer en marcha esta medida, “tal e como se fai en numerosas cidades de España” e que “para sufragar o seu mantemento podería cobrarse unha cantidade simbólica para axudar a súa limpeza”.

Os populares pediron tamén ao Concello de Monforte que revise o estado das cubertas dos edificios municipais xa que tralos temporais de choiva e vento, e tal e como din lles alertaron moitos veciños, “algunhas cubertas presentaban risco de caída de elementos polo seu mal estado de conservación”.

“O único que queremos e que se revisen aqueles cubertas que poden presentar maior perigo para evitar o desprendemento de calquera elemento a rúa, xa que pode provocar unha verdadeira desgraza”, sinalou.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...