HomePolíticaEsperta Monforte reclama facer un estudo das rutas de sendeirismo do municipio...

Esperta Monforte reclama facer un estudo das rutas de sendeirismo do municipio e acondicionalas

Lembran desde Esperta Monforte que no 2022 preguntaron polas rutas de sendeirismo no Concello de Monforte de Lemos. En marzo do 2024 pedían nunha moción un estudo de rutas de sendeirismo polo noso concello, e agora quéixanse de que nada se fixo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Esperta Monforte a práctica totalidade dos concellos que forman parte da Ribeira Sacra teñen rutas de sendeirismo polo medio natural e por sendeiros acondicionados a tal fin, moitos homologados, publicitados e por sendeiros naturais que maioritariamente transcurren por fóra do asfalto.

“É triste que a capital da Ribeira Sacra continue a día de hoxe sendo o único concello que non teña rutas de sendeirismo incorporadas aos seus programas de ocio, deporte e turismo. Non imos  desistir no noso intento de mellorar a nosa cidade e traeremos cantas veces entendamos oportunas esta actuación sinxela e barata para o noso concello”, explican desde Esperta Monforte.

Considerando que o concello ten lugares paixísticos de moita fermosura e que merecen ser coñecidos a través de sendeiros para andainas, homologados e publiciatados, solicitan na moción: Facer un estudo de Rutas de Sendeirismo do municipio, Financiar e acondicionar de forma progresiva cada unha das que se considere oportuno e Publicitalas a través das redes sociais.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...