HomePolíticaO BNG esixe un médico específico de HADO no Hospital de Monforte

O BNG esixe un médico específico de HADO no Hospital de Monforte

O BNG de Monforte presentou unha moción no Pleno municipal para reclamar á Xunta de Galiza a creación inmediata dunha praza específica de médico/a para o servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO), tal e como obriga o Decreto 34/2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Actualmente, Monforte é o único hospital galego sen este recurso, sendo cuberto polo persoal de Medicina Interna, o que supón sobrecarga e menor calidade asistencial.

A moción tamén inclúe o apoio ao persoal sanitario e insta á Consellaría de Sanidade e ao Sergas a cumprir coa normativa vixente.

Desde o BNG denuncian un novo exemplo da discriminación sanitaria ao sur de Lugo e reclaman unha atención pública digna e de calidade para a comarca.

Noutra moción os nacionalistas solicitan crear un Consello Municipal de Educación que favoreza a participación da comunidade educativa e mellore a coordinación entre centros, ANPAs, alumnado, profesorado e o propio Concello.

“O obxectivo é crear un espazo estable de diálogo e colaboración no que todos os axentes educativos poidan aportar propostas e detectar necesidades reais”, sinalou o concelleiro do BNG, Manuel Luaces.

A moción propón iniciar os trámites para constituír este órgano consultivo, elaborar un regulamento participativo e dotar os medios necesarios para garantir o seu funcionamento efectivo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...