HomePolíticaO PP critica que PSOE e BNG votaran en contra da construción...

O PP critica que PSOE e BNG votaran en contra da construción da residencia de Folgoso do Courel

Os deputados populares critican que o goberno de PSOE e BNG "siga a dar as costas aos veciños de Folgoso do Courel" tras ver como votaron en contra de impulsar a construción do centro de atención a maiores comprometido en 2018 entre a Deputación de Lugo e o propio Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados populares sinalan que “os veciños de Folgoso do Courel puideron ver o sectarismo que guía ao goberno de José Tomé, que toma as súas decisións mirando unicamente a cor política que goberna cada municipio”.

Os populares agradecen o esforzo da alcaldesa e de medio cento de veciños que se achegaron ata o pleno provincial. Segundo os populares, “mentres PSOE e BNG seguen negándose a cumprir co asinado en 2018, o Concello de Folgoso do Courel cumpriu con todas as obrigas que lles asignaba o convenio, entre as que se atopan a posta a disposición dos terreos, no ano 2019, e, posteriormente, a resolución da licenza de obra, o 13 de xaneiro de 2022.

No ano 2015 comezaron as conversas para a creación do convenio inter administrativo entre o Concello de Folgoso do Courel e a Deputación de Lugo, un acordo que se asinou en 2018 e que tivo que prorrogarse en dúas ocasións.

O investimento necesario estimouse en 1.400.000€, dos cales a Deputación aportaría 1.200.000€ e se encargaría, entre outros cometidos, de licitar, adxudicar e xestionar os contratos de obra e servizos precisos, correspondendo ao Concello de Folgoso do Courel achegar 200.000€ e, entre outros, aportar os terreos necesarios para a construción da residencia e o centro de día.

No 2019 solicitouse a prórroga do convenio ata o 2021, cando se asinou a segunda addenda de prórroga, tendo como data límite para a construción da residencia o mes de xullo de 2025.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...