HomePolíticaPantón sobe o lixo con emenda do BNG para familias con poucos...

Pantón sobe o lixo con emenda do BNG para familias con poucos recursos

No pleno celebrado esta semana no concello de Pantón tratábase a proposta da suba do lixo aos negocios e ás casas situadas fóra do núcleo urbano do Castro de Ferreira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa do equipo de goberno aprobouse cunha emenda nacionalista e o compromiso do alcalde de que aos negocios das aldeas se lles reforzará esa recollida. “Que chamen e pode ser ata diario” comprometíase o alcalde, José Luis Álvarez, ante as demandas de Prieto Florines, portavoz do BNG, que alegaba que “un negocio nunha aldea ten peor servizo e non pode subírselle a taxa, se non se lle mellora o servizo”.

A este respecto, o BNG critica en nota de prensa o modelo de Sogama, “Somos vítimas dun modelo errado que nos penaliza economicamente. Cobrar taxas ou impostos é impopular, pero son necesarios se queremos servizos, iso si deben ter un proporcionalidade tanto coa renda como co servizo prestado, por iso reclamamos unha mellora na recollida do lixo nas aldeas e tentamos varias bonificacións para granxas e negocios, mais só conseguimos a bonificación do 50% do importe para as familias que non cheguen ao 75% do IPREM, e manter un prezo menor na recollida nas zonas rurais fronte á zona urbana que goza dunha frecuencia maior de recollida”.

O BNG recoñece a dificultade de supervivencia financieira dos concellos, “xa que asumen moitas competencias impropias” e piden que se primen os criterios sociais sobre os meramente mercantilistas, “Cremos que con este acordo comezamos unha nova senda coa bonificación ás rendas máis baixas, e agardamos que se manteña ese criterio e se axude ás familias a vivir no concello de Pantón” .

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...