HomePolíticaNeve nos camiños do Courel por deixamento do concello?

Neve nos camiños do Courel por deixamento do concello?

O PSOE de Folgoso do Courel denuncia que o Concello non limpou, nin botou sal en varios camiños e estradas municipais do concello durante toda a fin de semana.

Publicado o

- Advertisement -

As xeadas e baixas temperaturas fan que nos camiños e estradas do Courel se acumulen grandes cantidades de neve e xeo. A situación fai fundamental botarlle sal a estas vías para que os veciños poidan circular por elas sen problemas. O PSOE de Folgoso do Courel asegura que en moitos puntos non se fixeron estas tarefas esta fin de semana e por tal motivo varios veciños quedaron se poder facer as súas xestións. Por iso solicitan ao Concello que solucione esta situación que está prexudicando a ducias de veciños.

Para os socialistas estes problemas responden á falta de previsión por parte da Alcaldesa, xa que o concello ten a súa disposición o servizo de vías e obras da Deputación do que pode reclamar a axuda, pero non se fixo esta xestión. Segundo o PSOE, “a Alcaldesa de Folgoso non está pola labor de ofrecerlle aos seus veciños as estradas que merecen” e aseguran que casos así demostran que á rexedora lle preocupan máis seus intereses persoais que as necesidades dos cidadáns.

Ferreirós de Abaixo, Folgoso do Courel / PSOE

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...