HomePolíticaO BNG de Monforte defende a continuidade do Bar Anchoas

O BNG de Monforte defende a continuidade do Bar Anchoas

Desde o BNG de Monforte manifestan a súa firme oposición ao peche do Bar Anchoas no Malecón, "un espazo emblemático da nosa cidade, que leva máis de 60 anos formando parte do verán monfortino, da memoria colectiva e do goce de xeracións e xeracións de veciñas, veciños e visitantes".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacionalistas piden que goberno municipal actúe, que se inicie o procedemento necesario para adaptar a normativa e garantir que o Anchoas poida seguir aberto, como mínimo, durante os meses de verán, como vén facendo desde 1963.

“Non estamos falando só dun negocio, senón dun símbolo de Monforte, dun lugar de encontro, cultura e lecer que forma parte do corazón da cidade. O Anchoas é patrimonio emocional da veciñanza e non podemos permitir que desapareza por inacción administrativa ou falta de vontade política”, declarou Manuel Luaces, responsable local do BNG.

Segundo o BNG hai marxe legal e vías administrativas para lexislar a favor da continuidade do local. “Non hai escusa técnica nin legal que xustifique o desleixo neste caso. O que falta, ou se bota en falta, é vontade”.

Desde o BNG non só defenden que o Bar Anchoas siga aberto: peden que se adecente a zona, que se invista en mellorar os servizos e en potenciar o paseo do Malecón como un espazo de lecer e cultura para todas as idades.

 “Mentres outras cidades apostan por recuperar espazos únicos á beira dos ríos para o desfrute da veciñanza, aquí corremos o risco de facer desaparecer o único chiringuito da cidade. Sería un erro histórico que Monforte non se pode permitir”, engadiu Manuel Luaces.

Desde o BNG pregúntanse se realmente o equipo de goberno está disposto a perder este espazo simbólico para a cidade. “Pensamos que aínda estamos a tempo de actuar, de dialogar coas administracións competentes e buscar unha solución que permita manter aberto o Anchoas, legalmente, durante os meses de verán”. Aseguran que a súa demanda é xusta, sensata e “totalmente coherente cun modelo de cidade viva, integradora, orgullosa da súa identidade e coidada pola súa xente”.

ÚLTIMAS

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...