HomePolíticaSenadores do PP e BNG sacan adiante unha iniciativa sobre a débeda...

Senadores do PP e BNG sacan adiante unha iniciativa sobre a débeda dos regantes de Val de Lemos

A iniciativa do BNG insta ao Goberno a buscar unha solución que permita a condonación da débeda da Comunidade de Regadores do Regadío de Val de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

O PP e o BNG acadaron un acordo na Comisión de Agricultura, Gandaría e Alimentación do Senado para aprobar unha iniciativa na que se insta ao Goberno a buscar unha solución que permita a condonación da débeda da Comunidade de Regadores do Regadío de Val de Lemos.

O BNG acadou o apoio do PP para que saia adiante esta iniciativa súa non vinculante no Senado ao aceptar introducir un cambio que tamén insta o Goberno a dirixirse á Xunta de Galicia solicitando a súa colaboración nos temas da súa competencia en relación con esta Comunidade de Regadoras. O PSOE abstívose e Vox votou en contra.

O resto da iniciativa do BNG pide ao Goberno “reparar as infraestruturas de regadío de forma inmediata“, así como supervisar o estado das zonas de dominio do regadío e esixir á Confederación Hidrográfica Miño Sil a limpeza das canles de regadío, da súa contorna inmediata e do curso do propio río.

Outro punto fala de adoptar as medidas necesarias que permitan destinar a cultivo a totalidade das hectáreas produtivas, prevendo axudas para a deforestación, limpeza e recuperación de terras de produción agraria.

ÚLTIMAS

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...