HomePolíticaO BNG de Monforte solicita convocatoria urxente da Xunta de Voceiros con...

O BNG de Monforte solicita convocatoria urxente da Xunta de Voceiros con presenza de ADIF

O Grupo Municipal do BNG vén de rexistrar oficialmente a petición para que se convoque, con carácter de urxencia, unha Xunta de Voceiros na que participen representantes de ADIF e a Subdelegada do Goberno en Lugo, co obxectivo de abordar "a preocupante situación das obras na contorna" da Estación de Ferrocarril de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz do grupo, Emilio J. Sánchez Iglesias, lembra que a Estación de Monforte é unha infraestrutura clave para a mobilidade da cidade e da súa área de influencia, ademais de ser un foco de dinamización socioeconómica consolidado. “Aplaudimos que se acometan melloras nas infraestruturas, pero as obras están a desenvolverse cunha lentitude excesiva que está a xerar múltiples perxuízos ao tecido comercial e veciñal da zona”, afirma.

Desde o BNG sinalan que esta situación resulta aínda máis preocupante ao estarmos ás portas da tempada turística alta, momento no que a cidade recibe un maior volume de visitantes. “A actual desorganización das obras afecta negativamente á mobilidade, á imaxe da cidade e á actividade comercial e hostaleira da contorna”, sinala.

Ademais, o grupo nacionalista alerta sobre decisións concretas no deseño e execución da obra que consideran inadecuadas: a substitución de materiais tradicionais como a tella por chapa, a retirada de farolas históricas, a redución drástica de prazas de aparcamento nunha zona de recollida e descarga de pasaxeiros, ou a plantación de especies arbóreas con raíces agresivas para os pavimentos. “Non se pode entender unha obra pública que ignore os valores de conservación do patrimonio, a funcionalidade e o respecto polo entorno urbano. Urxe poñer orde e escoitar a veciñanza”, subliña Emilio Sánchez.

Por todo isto, o BNG solicita que o Concello convoque con urxencia unha Xunta de Voceiros na que estean presentes representantes de ADIF e a Subdelegación do Goberno, a fin de obter explicacións claras, avaliar alternativas e garantir que as obras rematen con garantías e sen continuar a causar prexuízos evitables á cidade.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...