HomePolíticaUn kiosko municipal no Malecón de Monforte para dar continuidade ao bar...

Un kiosko municipal no Malecón de Monforte para dar continuidade ao bar Anchoas

O Grupo Municipal do BNG presentará no próximo pleno unha moción para garantir a continuidade do Bar Anchoas, un local emblemático do paseo do Malecón con máis de 60 anos de historia, mediante a creación dun kiosko municipal concesionado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os nacionalistas o Bar Anchoas é moito máis ca un simple establecemento, “forma parte da memoria colectiva de xeracións de monfortinos e monfortinas que o vincularon a momentos de lecer, festas e veráns á beira do río. A súa posible desaparición supón unha perda irreparable para o patrimonio social e emocional da cidade”.  

O BNG propón que o Concello, en colaboración coa Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico, negocie coa Confederación Hidrográfica a instalación dun kiosko municipal que manteña a esencia deste espazo. Propoñen un deseño adaptado á zona protexida, unha concesión pública transparente mediante concurso e manter así a mellora do Malecón como espazo de convivencia e atractivo turístico.  

Emilio J. Sánchez, voceiro do BNG, subliñou que “non podemos permitir que se perda un símbolo da identidade monfortina sen esgotar as opcións legais. Hai precedentes de kioskos concesionados noutras cidades; é cuestión de vontade política”.  

María José Vega Buján, exconcelleira do BNG, lembra que xa presentaran un proxecto á Confederación Hidrográfica, “pero quedou sen resposta, daquela era Liñares presidente da Confederación. Agora podería ser o momento de retomalo con determinación”. O BNG fai un chamamento ás demais forzas políticas a sumarse a esta proposta, que combina o respecto polo río e a defensa do patrimonio inmaterial da cidade. 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...