HomePolíticaÉ potable a auga da fonte da Ponte do Convento en Chantada?

É potable a auga da fonte da Ponte do Convento en Chantada?

Por Chantada – Interior Galego Vivo entende que non é de recibo que se precintase a fonde do lugar da Ponte, na parroquia do Convento, sen informar sobre a causa do precintado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Por Chantada non é serio que unha institución pública coloque un precinto que di, «Recomendado non coller auga mentres non se quite o precinto», e non dea información sobre o estado sanitario da auga.

Lembran desde Por Chantada que xa se teñen feito eco noutras ocasións das dúbidas sobre a potabilidade da fonte, “nomedamente nalgunhas épocas do ano, sen que por parte do Goberno se mostrasen nunca analíticas ou informe algún para pórlle remedio á actuación nunha mostra máis da incapacidade do PP”.

“Así as cousas, seguimos cun goberno neglixente que non é capaz de facer ben as cuestiós máis básicas, mais que non ten empacho en gastar en comidas, gastos de representación e propaganda milleiros de euros”, conclúen desde Por Chantada IGV.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...