HomePolíticaEsperta Monforte alza a voz en defensa do Malecón

Esperta Monforte alza a voz en defensa do Malecón

A noticia do peche de Anchoas non é un incidente illado, aseguran desde Esperta Monforte, "é un síntoma dunha xestión que non pon en valor o potencial dos espazos que constrúen comunidade. O Malecón é máis que un paseo fluvial: é o lugar onde se reúnen as familias, onde a xente nova goza do seu tempo libre, onde os nosos maiores pasean e conversan".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Esperta Monforte aseguran defender o Malecón como espazo esencial para a cidade, “un refuxio emocional, unha xanela aberta á vida social, cultural e económica de Monforte. Alí celébranse concertos, mercados e actividades deportivas e, ata hai unhas semanas, tamén albergaba locais como o bar Anchoas, que durante anos foi símbolo do verán e do espírito monfortino”.

Demandan un modelo de cidade que poña ás persoas no centro, que reforce os espazos
de convivencia e que promova proxectos sostibles, “Converter este espazo nun proxecto de infraestruturas fracasado, como construír unha ponte que divide en lugar de unir, é un erro que pagaremos caro en termos de cohesión social, revitalización económica e calidade de vida”.

Con todo, Esperta Monforte, oponse ao peche e demolición do emblemático Bar Anchoas, e pregúntanse se está relacionado coa solicitude de permisos para a construción da anunciada ponte de ferro. A formación política esixe:

  • A protección e revitalización do Malecón como espazo público para a cidadanía.
  • A procura de alternativas para garantir a continuidade de lugares emblemáticos como O Anchoas, que forman parte da nosa identidade.
  • O rexeitamento de proxectos como a ponte que fragmentarían este espazo e priorizarían o formigón por riba da vida comunitaria.
  • A apertura dun verdadeiro proceso participativo, onde os veciños decidan o futuro do noso Malecón.
  • Monforte merece máis: merece unha cidade viva, acolledora e que non perda a súa esencia

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...