HomePolíticaSegue a demanda de zonas de sombra e arborado para a zona...

Segue a demanda de zonas de sombra e arborado para a zona C de Monforte

O BNG de Monforte volve poñer sobre a mesa a necesidade urxente de dotar de arborado e zonas de sombra o parque da gardería municipal situado na zona C, na contorna da Rúa Rof Codina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A chegada da vaga de calor destes días volve poñer en evidencia as carencias dun espazo público pensado para crianzas, pero onde a falta total de sombra o fai inusable durante boa parte do día. A situación fixo que hai máis dun ano o BNG xa presentara unha moción, que foi rexeitada coa promesa de que se actuaría “en breve”.

O BNG quéixase agora de que aínda non se teña tomado ningunha medida, “O parque segue sen unha soa árbore nin zona de sombra, e isto non só é un problema de confort, senón tamén de saúde e seguridade para a infancia. Prometeron que actuarían e seguimos igual”, denuncia Manuel Luaces, concelleiro do BNG en Monforte.

Desde o BNG considérase imprescindible que os espazos públicos destinados á infancia sexan seguros e saudables tamén ante episodios de altas temperaturas, cada vez máis frecuentes debido á crise climática. “Ademais de mellorar a calidade ambiental e a estética urbana, a dotación de arborado fomentaría o uso comunitario do espazo e o benestar das familias. A cidadanía ten dereito a espazos públicos de calidade, e máis aínda cando falamos de zonas de xogo e de convivencia para a veciñanza máis pequena”, engade Luaces.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...