HomePolíticaO BNG reclama mellorar a sinalización da N-120 en Ferreira

O BNG reclama mellorar a sinalización da N-120 en Ferreira

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas ao Ministerio de Transportes para mellorar a sinalización da estrada N-120 ao seu paso por Ferreira. A iniciativa do BNG procura corrixir a sinalización deficiente e garantir unha información adecuada sobre os servizos dispoñíbeis na vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que actualmente a sinalización da gasolineira situada nesta vila só está indicada nun dos sentidos da marcha, a pesar de existir accesos en ambos sentidos. Ademais, alerta da falta de indicacións sobre outros servizos urbanos básicos e puntos de interese turístico, “o que prexudica tanto á veciñanza como ás persoas que transitan pola N-120 ou visitan o concello”.

“O Goberno debe actuar con dilixencia para garantir unha sinalización axeitada e completa, tanto desde o punto de vista da seguridade viaria como da promoción económica e turística da zona” subliña o deputado nacionalista, que lembra que o Castro de Ferreira constitúe un núcleo de servizos fundamentais e de interese para a comarca.

O deputado do BNG insta o Ministerio de Transportes a tomar nota das deficiencias sinaladas e executar as melloras pertinentes “con carácter urxente, atendendo a criterios de funcionalidade, seguridade e desenvolvemento local”.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...