HomePolíticaO PP de Monforte denuncia a "falta de interese de Tomé" por...

O PP de Monforte denuncia a “falta de interese de Tomé” por manter a tadición do San Xoán nos Chaos

Katy Varela agradece o traballo que durante moitos anos realizaron os veciños deste barrio para poder celebrar a noite de San Xoán nesta emblemática zona da cidade

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte denuncian o “nulo interese” do goberno de José Tomé por manter as celebracións de San Xoán no barrios dos Chaos. Os populares agradecen e recoñecen o traballo dos veciños/as, “Fixeron un traballo encomiable, pero nos últimos anos, ante o despoboamento e o avellentamento da poboación, foi un colectivo xuvenil o que colleu o testemuño, pero este ano non puideron seguir adiante. Agradecer este enorme traballo que realizaron”.

Estas celebracións contaban con cacharela, sardiñada e actuacións musicais pero este ano non houbo festa. Dende o PP aseguran que “a responsabilidade de recoller o testemuño neste momento é do Concello de Monforte, que debería de preocuparse por seguir fomentando esta celebración tradicional da nosa cidade”.

“É máis que cuestionable ver como miran cara outro lado con esta tradición de Monforte mentres apoian outro tipo de iniciativas unicamente por razóns ideolóxicas, unha postura totalmente sectaria”, sentenciou Varela.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...