HomePolíticaAgroma Sober-IGV reclama unha nova depuradora

Agroma Sober-IGV reclama unha nova depuradora

Agroma Sober-IGV denuncia, unha vez máis, que a ETAP de Canaval está sen funcionar, "O sistema electrónico dá fallos e interrompe o bombeo frecuentemente", ademais a zona está degradada co punto limpo pendente de funcionar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Agroma Sober xa ten levado a pleno a situación da depuradora, e tal como recoñeceu o Goberno local, prevese un convenio con Augas de Galicia para cambiar o sistema electrónico da ETAP de Canaval, “Cando hai cheas, chega a desbordar e a auga sen depurar. Esta situación motivou verquidos á zona, polos que o Concello tivo sancións da Confederación.
Desta vez, sendo verán, os paros da depuradora fan que o cheiro sexa insoportable”.

Denuncian tamén que a obra do novo Punto Limpo está rematada pero sen todo o equipamento necesario. Sinalou o Goberno no último pleno, a preguntas de Agroma Sober-IGV, que estaría finalizado en xuño e que se limparía o exterior, “mais estamos a final de mes e continúa igual”.

Esta formación política considera que ademais do arranxo pendente, a contorna da depuradora merece unha actuación de mellora, “pois hai fochancas e o espazo está moi degradado, como sucede no camiño do Punto Limpo. Ao atrancar o camiño os desperdicios do Punto Limpo, quedan os lameiros sen acceso e cheos de maleza”.

Para Agroma Sober é “intolerable” o estado da ETAP e da zona do Punto Limpo nun Concello coa “Bandeira Verde de Galicia”. “O ideal sería dotar a Sober dunha nova depuradora”, conclúen.

Camiño acceso punto limpo / Agroma Sober

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...