O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica e portavoz municipal, Katy Varela, ofrecían unha rolda de prensa este mércores en Monforte, o que consideran “a zona cero da corrupción do PSOE en Galicia”.
Os deputados populares teñen solicitado acceso aos expedientes das obras que figuran no informe da UCO: os relacionados co tratamento de elementos da infraestrutura (pontes, túneles e explanacións) entre os p.k. 379+750 e 386+474 e coas obras de emerxencia de desprendementos nos taludes entre os p.k. 380+895 e 381+145 do tramo Monforte – Lugo da liña 800 adxudicados por máis de 6M€ e máis de 1,4M€, respectivamente.
O deputado popular esixe que “tanto o PSOE en Madrid e na provincia dean explicacións e asuman as responsabilidades políticas, vinculadas a feitos que, nada teñen que ver coa xestión dos fondos públicos”.
Pola súa banda, Katy Varela incidiu na “preocupación polos informes da UCO nos que aparece o nome de Monforte e que derivaron na prisión preventiva de Santos Cerdán,“unha persoa próxima a Tomé”.
Varela afea que Tomé “se aliñe con Pedro Sánchez e non condene máis a súa actitude ante unha situación alarmante”,que rodea a persoas próximas ao presidente do Goberno”. Pola súa banda Conde lamentou que na liña Monforte-Ourense se siga usando o autobús e lamentou “outros agravios en materia de infraestruturas ferroviarias son a dilatación no tempo das obras de electrificación da liña Ourense – Monforte – Lugo e que supoñen o illamento do núcleo de Santo Estevo do Sil (Pantón) sen que o Goberno de Sánchez teña rectificado”.