HomePolíticaQue pasa coa auga en Monforte e nas fontes de Chantada?

Que pasa coa auga en Monforte e nas fontes de Chantada?

O Concello de Monforte informa da interrupción programada da subministración de auga que terá lugar, este martes, 8 de xullo, na marxe esquerda de Historiador Dalmiro de la Válgoma e nun tramo da marxe dereita de Escultor Francisco Moure. Por outra banda desde Por Chantada informan de que fixeron analíticas da auga da fonte da Ponte e que se debe evitar o seu consumo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte informa da interrupción programada da subministración de auga este martes, 8 de xullo, durante dúas horas, que se concretan dende as 10:30 horas ata as 12: 30 horas, e que vai afectar á marxe esquerda de Historiador Dalmiro de la Válgoma e nun tramo da marxe dereita de Escultor Francisco Moure que vai dende o Bar Cristal ata a rúa Dalmiro de Válgoma. Vaise proceder á conexión da nova tubaxe deste tramo de rúa, que se corresponde cunha primeira fase dos traballos de renovación da nova tubaxe de Escultor Francisco Moure.

A empresa concesionaria do Servizo de auga do Concello de Monforte de Lemos, Aqualia xa procedeu a notificar ós veciños afectados.

Por Chantada advirte DE que non se debe beber da fonte da Ponte

Lembran desde Por Chantada Interior Galego Vivo que a fonte precintouse hai unhas semanas cun cartel que poñía “no tocar”. “Ante a falta de información por parte do Concello e xa desprecintada a fonte, recollemos unha mostra pola nosa conta e levámola a un laboratorio a finais de xuño. Unha vez obtidos os resultados e consultados os datos conclúese que esa auga non é apta para o consumo humano”, aseguran desde Por Chantada.

Cos datos técnicos da analítica, informados por expertos, Por Chantada considera necesario evitar o consumo de auga desta fonte, “O ocultismo e a incapacidade deste concello nun tema tan básico como a saúde son reiterados e deberían producirse responsabilidades políticas co cese do responsable de non informar que a auga non é apta para o consumo”. Aseguran que o concello debería analizar as diferentes fontes públicas periodicamente e publicar un resumo do estado das mesmas, “así como informar puntualmente e coa debida difusión de calquera risco que para a saúde das persoas puidera supor o seu consumo, tomando ao tempo medidas de seguridade serias e efectivas para alertar cando non estea totalmente garantida a salubridade”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...