HomePolíticaO PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

A voceira popular Sandra Macía sinala que “non é a primeira vez” que se dá esta situación neste mandato e agarda que o rexedor “recupere a normalidade na convocatoria das sesións”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a incumprir o acordo de inicio do mandato de convocar os plenos ordinarios cada dous meses.

A voceira popular, Sandra Macía, lamenta que “non se cumpra coa legalidade vixente” sobre todo “tendo en conta de que se trata dun acordo tomado por todos os concelleiros ao inicio do mandato e que nas sesións plenarias trátanse asuntos fundamentais para a veciñanza” como pode ser buscar solucións aos constantes cortes de luz que sofren os usuarios da residencia de maiores.

Sandra Macía sinala que “non é a primeira vez que se dá esta situación no presente mandato” e agarda que o alcalde “recupere de inmediato a normalidade na convocatoria” e así “poder defender os intereses de todos os veciños de Ribas de Sil”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...