HomePolíticaO PP denuncia o estado do acceso ao Miradoiro da Conchada en...

O PP denuncia o estado do acceso ao Miradoiro da Conchada en Quiroga

Os deputados, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto á presidenta local do PP de Quiroga, Rosa Arza, e o voceiro municipal, Adrián González, percorreron esta estrada provincial e comprobaron “o perigo que supón” circular por ela para acceder ao miradoiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular tras comprobar “o nefasto e neglixente” estado de conservación da estrada provincial LU-P-5002, en Quiroga, que dá acceso ao Miradoiro da Conchada aseguran que, “Como cada verán, vemos como PSOE e BNG non fixeron os deberes e os accesos ás principais zonas turísticas da provincia non están en boas condicións”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, denuncia que “ninguén pode entender que José Tomé, o PSOE e o BNG teñan nesta situación esta estrada provincial” pola que pasan decenas de veciños e turistas a diario para acceder, entre outros puntos, o Miradoiro da Conchada, “unha das localizacións máis turísticos” do municipio e deste entorno.

Tras percorrer esta estrada provincial comprobouse como hai fochancas de grandes dimensións, sinalización en mal estado ou curvas sen barreiras de seguridade con caídas de varios metros.

“Seguimos a ver como o goberno provincial segue a dar as costas a miles de veciños da provincia, mirando unicamente por aqueles que viven en municipios gobernados por amigos do PSOE ou BNG, fondos e equipos de mantemento para os mesmos concellos e ningún para o resto”, denunciou.

ÚLTIMAS

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...