HomePolíticaQuen financia o novo miradoiro do Rego de Abeledo no Páramo?

Quen financia o novo miradoiro do Rego de Abeledo no Páramo?

Os socialistas denuncian "a falta de transparencia e o oportunismo político do goberno municipal do Páramo, que pretende atribuírse o mérito do novo miradoiro do Rego de Abeledo", unha actuación promovida pola Comunidade de Montes do Faro Friolfe, grazas a unha subvención directa da Deputación por importe de 6.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas do Páramo explican que este proxecto naceu exclusivamente da entidade veciñal, que solicitou a axuda no marco da convocatoria provincial de 2023. O Concello non participou na tramitación nin destinou recursos propios á execución do miradoiro e apuntan, “esta percepción distorsionada vese reforzada polo feito de que a voceira, Ana Castaño, Concelleira do goberno municipal é tamén Presidenta da Comunidade de Montes promotora da iniciativa, o que xera unha evidente confusión institucional”.

Desde o PSdeG lembran que “o Concello do Páramo leva anos sen habilitar ningún tipo de axuda para as asociacións locais, incluída a Comunidade de Montes que fixo posible este proxecto” e reclaman a elaboración dun plan local de promoción turística, que conte coa participación da veciñanza e das entidades do municipio.

O PSdeG-PSOE agradece á Deputación de Lugo “o seu compromiso cos pequenos concellos e co impulso ao rural. Grazas ao seu apoio económico, iniciativas como esta poden levarse a cabo, mesmo cando o Concello non as impulsa nin as apoia”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...