HomePolíticaO BNG de Monforte demanda espazos seguros e atención integral ao colectivo...

O BNG de Monforte demanda espazos seguros e atención integral ao colectivo LGTBIAQ+

Desde o BNG destacan que esta moción foi elaborada co asesoramento de persoas pertencentes ao colectivo LGTBIAQ+, que trasladaron as súas experiencias e demandas, "que consideramos xustas e de vital importancia nos tempos que estamos a vivir", sinalan

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo municipal do BNG en Monforte vén de rexistrar unha moción que será debatida no próximo Pleno do Concello, previsto para o día 28 de xullo, na que se propón a creación de espazos seguros, puntos arcoíris e medidas de atención integral ao colectivo LGTBIAQ+ desde o ámbito municipal.

A iniciativa inclúe accións como a posta en marcha de puntos arcoíris en festas locais, complementando aos puntos lila, elaborar un protocolo de atención integral a vítimas de lgtbifobia desde os Servizos Sociais, formación específica ao persoal municipal e da Policía Local e campañas de sensibilización e visibilidade.

.”Os discursos de odio están a medrar e non podemos mirar cara outro lado. Dende as institucións temos a responsabilidade de actuar con valentía e garantir que Monforte sexa unha cidade segura, diversa e respectuosa coa liberdade de todas as persoas”, afirma Manuel Luaces, concelleiro do BNG.

A moción inclúe tamén a solicitude de acollerse ás liñas de financiamento da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, como as previstas na Orde do 3 de xaneiro de 2025, para o desenvolvemento destas políticas desde o ámbito local. “Non pedimos privilexios. Pedimos igualdade, dignidade e respecto. Que todas as persoas poidan vivir, celebrar e traballar en Monforte sen medo e con liberdade”, engade Luaces

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...