HomePolíticaCourel Vivo denuncia que "un verán máis repítese a falta de médicos"...

Courel Vivo denuncia que “un verán máis repítese a falta de médicos” no municipio

Aseguran que este sábado, 26 de xullo, o concello de Folgoso do Courel só ten asistencia médica de 8:00 a 13:30 h. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Courel Vivo asegura que despois das 13:30h deste sábado, os veciños e veciñas do muncipio só contarán con equipo médico no limítrofe concello de Quiroga, “que deberá atender as urxencias dos dous concellos e a maiores tamén do concello veciño de Ribas de Sil”.

Con todo, Courel Vivo denuncia unha vez máis a situación de abandono asistencial do Courel por parte do SERGAS. “En pleno mes de xullo, nunha fin de semana longa, e cun conseguinte aumento da poboación nestas datas, o sábado 26 de xullo na garda de Seoane do Courel só haberá asistencia médica de 08:00 a 13:30. A partir desta hora ata as 22:00 só haberá persoal de enfermaría e quedará un só equipo médico en Quiroga” para a atención das urxencias dos Concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, “resultando este último o máis perxudicado, dada a grande distancia ao centro de referencia”, engaden.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...