HomePolíticaEsperta Monforte solicitará ao pleno servizo de atención temperá e soterrar o...

Esperta Monforte solicitará ao pleno servizo de atención temperá e soterrar o cableado aéreo

Esperta Monforte tamén leva como pregos arranxar a estrada no inicio da rúa Ramón Cabanillas e pedirlle a Aqualia que limpe a lagoa do Parque dos Condes cos mesmos medios que o fixo o concello o pasado 16 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte leva ao pleno deste luns no concello, dúas mocións. Nunha piden instar á Xunta de Galicia a que poña en marcha a aula de atención temperá que se atopa no Hospital Comarcal de Monforte e que a dote do persoal necesario e obrigatorio para dar atención ás familias con nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.

No HULA cóntase con esta aula que dispón de psicólogos, logopedas, terapeutas ocupacionais e fisioterapeutas “pagados polo Sergas, pedimos o o mesmo trato que Lugo, como segunda cidade da provincia”. Insisten na importancia de detectar canto antes este tipo de dificultades e de ter ás familias informadas do proceso evolutivo.

A moción demanda tamén realizar as xestións necesarias para poñer en funcionamento unha Unidade de Atención Temperá no concello, aproveitando as subvencións publicadas pola Xunta de Galicia para esta finalidade.

A outra moción refírese ao soterramento do cableado aéreo, “presenza de paos de luz e cableado aéreo en zonas recentemente humanizadas ou con alta afluencia peonil supón unha contradición coa calidade urbana que desexamos para Monforte. Sabemos que este é un obxectivo ambicioso que require planificación, coordinación entre administracións e empresas responsables do subministro, e un enfoque realista e progresivo.

Na moción piden que se elabore, nun prazo razoable, un plan técnico de actuacións progresivas para o soterramento do cableado e retirada dos paos de luz, priorizando as zonas con maior impacto visual ou problemas de accesibilidade, así como aquelas nas que xa se teñan previstas obras de mellora urbana.

Establecer contactos coa Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, así como coas empresas titulares das infraestruturas (Fenosa, Naturgy, R, Telefónica, etc.) para estudar vías de financiamento compartido e a viabilidade técnica das actuacións. Por último, demandan solicitar informes técnicos que permitan avaliar os custos aproximados e posibles fórmulas de execución por fases, procurando que as obras de canalización previstas (auga, gas, fibra óptica) poidan aproveitarse para soterrar tamén o cableado eléctrico.

Esperta Monforte completa as súas propostas preguntando por que o concello colaborou con España Creativa no Encontro Nacional de Emprendedores Creativos e non o fai co concurso da Asociación Semente de Monforte que premia iniativas empresarais.

ÚLTIMAS

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...

Outeiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza o Courel

A Serra do Courel, unha das xoias ecolóxicas de Galicia, volve a estar en...

20.000 hectáreas levan ardidas co incendio que comezou en Larouco o día 13

Cos datos provisionais que ofrece este 19 de agosto a Consellería de Medio Rural,...