HomePolíticaOs populares quéixanse de que chegado agosto segue habendo estradas provinciais por...

Os populares quéixanse de que chegado agosto segue habendo estradas provinciais por desbrozar

“O goberno provincial de PSOE e BNG prometera rematar os traballos de desbroce das marxes das vías da Deputación a finais de xullo, pero a día 1 de agosto quedan estradas sen rozar”, segundo explica o portavoz popular, Antonio Ameijide, que engade, “así o recoñeceu o propio presidente, José Tomé, no último pleno”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, a estas alturas do verán faltan vías por acondicionar, “en Muras e Folgoso do Courel -ambos coa maior parte das estradas sen desbrozar-; Castro de Rei, Friol ou Riotorto onde estes traballos aínda están, aproximadamente, ao 50%; ou en Trabada -coas marxes da LU-P-6102 aínda por desbrozar”.

Ameijide fai fincapé na necesidade de desbrozar as marxes das estradas da Deputación que son “as principais vías de comunicación entre os distintos núcleos de poboación” e que polo verán rexistran un maior tráfico; xa sexa polas tarefas do campo propias desta época e que supoñen un volume importante de desprazamentos con maquinaria agrícola ou pola chegada de visitantes á nosa provincia”.

Do contrario, “a vexetación e maleza invade non só as cunetas, senón incluso parte da calzada diminuíndo o espazo para a circulación dos vehículos e dificultando a visibilidade dos condutores e usuarios”. Hai que ter en conta que hai casos de vías provinciais co asfalto en mal estado, cun trazado estreito e moitas curvas ou que discorren por lugares onde a néboa é habitual e, polo tanto, as condicións son cada vez máis adversas.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...