HomePolíticaCourel Vivo volve reclamar medidas urxentes para a prevención de incendios forestais

Courel Vivo volve reclamar medidas urxentes para a prevención de incendios forestais

Courel Vivo vén facendo propostas deste o 2021 para mellorar a situación actual dos montes e os efectos do cambio climático, que elevan cada día que pasa o risco de incendio. Nesta ocasión presenta unha moción no concello para facer unha serie de mellora urxentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Folgoso do Courel é un dos territorios máis singulares e vulnerables de Galicia, e sen embargo, leva anos minguando os servizos de preparación fronte incendios forestais, “agravadas pola escaseza de medios e pola falta de coordinación institucional. No ano 2022 ardeu preto do 60% da superficie do termo municipal. Curiosamente, dende entón a capacidade operativa diminuíu”, aseguran.

  • En 2022 e en anos anteriores, formáronse 2 brigadas completas municipais con 13 persoas contratadas polo propio concello: 8 peóns, 2 xefes de brigada e 3 condutores de motobomba.
  • Nos anos 2024 e 2025, só se asignou 1 brigada e 1 condutor de motobomba municipal para todo o municipio. 

A isto engaden que a Xunta de Galicia non dispón de ningunha brigada de reforzo en toda a comarca do Courel e consideran que na actualidade a situación é máis precaria que antes do grande incendio de 2022, e enumeran cuestións como;

  • Moitos tanques de auga están avariados ou perden, polo que non se poden empregar en caso de emerxencia.
  • Varias aldeas non cumpren coa franxa de seguranza de 50 metros, como marca a Lei 3/2007.
  • As pistas de titularidade forestal non son repasadas desde fai moito tempo e nalgúns casos non están transitables. 
  • As notificacións por incumprimentos de xestión de biomasa están a ser enviadas en pleno mes de agosto, coincidindo coa vaga de calor e cando se producen algúns incendios iniciados precisamente por maquinaria desbrozadora.
  • Os desbroces das estradas das distintas administracións están a realizarse en Agosto, en vez de anticiparse na primavera como medida preventiva.
  • Os medios que a Xunta de Galicia ten no Courel para a extinción son case nulos.
  • Faltan “bocas de rego” e mangueiras en moitas aldeas, deixándoas inoperativas.

É imprescindible actuar con rigor, planificación e sentido común. O Concello ten competencias e obrigas en materia de prevención e defensa contra incendios, segundo a Lei 3/2007 e o PLADIGA, especialmente no relativo á xestión de biomasa, accesos, abastecemento de auga e coordinación local. 

Courel Vivo lembra que a Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais recolle: “Os concellos deberán prever, no seu plan municipal de prevención e defensa, as infraestruturas necesarias para garantir o acceso dos servizos de extinción.”

Coa moción, Courel Vivo solicita:

  1. Revisión e actualización inmediata do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, con implicación técnica e participación veciñal.
  2. Inventariado e clasificación de todas as pistas forestais de titularidade municipal, para programar melloras, limpeza e ensanches onde sexa necesario garantir o acceso de medios de extinción.
  3. Informe técnico sobre o estado de todos os tanques de auga do municipio, con proposta de reparacións e execución das mesmas antes do verán de 2026.
  4. Solicitude formal á Xunta de Galicia para:
    • Recuperar o dispositivo humano de 2022 (2 brigadas + 3 condutores)
    • Asignar, ademais, brigadas de reforzo na comarca do Courel, ao igual que nas outras zonas do distrito.
    • Subvencións para mellora de puntos de auga e accesos estratéxicos.
  5. Establecer un calendario de notificacións e desbroces preventivos que non coincidan cos meses de máximo risco, evitando traballos con maquinaria en pleno agosto.
  6. Campaña informativa anual sobre obrigas e boas prácticas en prevención de incendios, cun enfoque positivo para a veciñanza. Pola seguridade de tod@s
  7. Actuar máis en colaboración coa Xunta, Seaga ou outras entidades para a execución subsidiaria de franxas de seguranza e a xestión sostible da biomasa.
  8. Coordinación coa veciñanza e voluntari@s para reforzar a vixilancia e o aproveitamento activo do monte.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...