HomePolíticaO BNG de Monforte pídelle a Tomé que non participe nos actos...

O BNG de Monforte pídelle a Tomé que non participe nos actos de La Vuelta con representación dun “estado xenocida”

O Bloque Nacionalista Galego de Monforte de Lemos reclama ao alcalde e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, que non participe en ningún dos actos oficiais vinculados a La Vuelta a España mentres continúe presente nesta competición o equipo Israel Premier Tech, "convertido en instrumento de propaganda dun Estado que practica un auténtico xenocidio contra o pobo palestino".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG lembra as persoas asasinadas por Israel e o bloque imposto ao pobo palestino. Consideran que o deporte “non pode ser usado como escaparate para branquear unha política de apartheid e exterminio. A presenza deste equipo na Vuelta supón un insulto á memoria das vítimas e unha ofensa á solidariedade que o noso pobo sempre amosou co pobo palestino”.

O BNG de Monforte lembra que o Goberno do Principado de Asturies xa anunciou que non estará presente nos actos oficiais desta edición e esixen “coherencia” tamén en Monforte e na provincia de Lugo, “quen ostenta representación institucional non pode prestarse a esta operación de lavado de cara dun Estado xenocida”, declarou Manuel Luaces, responsable local do BNG.

O grupo municipal nacionalista anuncia que os seus concelleiros non participarán en ningún acto oficial vinculado a La Vuelta e pide ao alcalde e ao seu goberno que tampouco o fagan, “en sinal de protesta, para non permanecer impasibles diante do xenocidio”. Os nacionalistas fan un chamamento á veciñanza “para manter a voz firme e solidaria ante o xenocidio”.

Unha persoa con bandeira palestina e un altofalante, durante unha manifestación en apoio a Palestina / Adrián Irago – Europa Press – Arquivo

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...