HomePolíticaIGV reclama á Xunta mellor xestión na prevención de incendios e insiste...

IGV reclama á Xunta mellor xestión na prevención de incendios e insiste no “fracaso das faixas de protección”

Interior Galego Vivo manifesta a súa preocupación co anuncio da Xunta de Galicia sobre novas actuacións en materia de prevención de incendios forestais. "O Goberno galego presenta como novidade aquilo que, na práctica, levamos décadas sufragando sen resultados palpables: brigadas municipais que supoñen un gasto medio anual de arredor de 38 millóns de euros, pero non logran corrixir as graves deficiencias estruturais na xestión do risco", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo as análises efectuadas por Interior Galego Vivo, cada ano, a través de convenios coas entidades locais, destínanse en torno a 27 millóns de euros para a contratación de brigadas municipais de prevención e extinción. Os concellos, pola súa banda, asumen máis de 6,5 millóns adicionais en maquinaria, reparacións, EPIs, cursos e tribunais de selección.

A isto engádense subvencións específicas para prevención (uns 3,9 millóns de euros) e proxectos piloto puntuais, que elevan o impacto económico anual a uns 38,4 millóns de euros.

Nesta situación, “o problema de fondo sigue sen solucionarse”, afirman. Numerosos concellos carecen de convenio con SEAGA, polo que non dispoñen dun instrumento operativo para a xestión das faixas de protección. “As faixas non poden ser iguais en todos sitios”, declara Tamara Balboa de Vilardevós-Interior Galego Vivo, “haberá en Concellos que chegan 50 metros e en outros faran falta 150, se os lumes saltan autovías, na nosa zona unha faixa de 50 metros non fai nada”.

“Existen plans municipais de prevención que son simples corta e pega ou, directamente, non están aprobados nin aplicados. Outros exclúen os camiños públicos de titularidade municipal sendo directamente papel mollado. Non se incoan expedientes nin sancións cando os propietarios incumpren a obriga legal de limpar as súas parcelas, trasladando á cidadanía un risco que a administración non controla nin fai cumprir”, engaden.

Para Interior Galego Vivo, o reiterado anuncio de “novas medidas sen unha auditoría seria da eficacia das existentes non é máis que un parche comunicativo que non resolverá a raíz do problema: a descoordinación estrutural entre Xunta, concellos e propietarios, a falta de control e seguimento efectivo das obrigas legais, e unha estratexia centrada no gasto, non nos resultados”. Con todo insta á Xunta a:

  • Publicar con transparencia a listaxe completa de concellos adheridos e os resultados reais obtidos en cada un.
  • Revisar de forma independente a eficacia das brigadas municipais, avaliando se a súa actividade ten impacto real na prevención.
  • Implantar un sistema áxil de control, incoación e sancións que garanta o cumprimento das faixas de protección en tempo e forma.
  • Evitar que os concellos teñan que facer fronte a numerosos gastos (tribunais de selección, EPIs, maquinaria…). Tampouco actualizan os plans anualmente como marca a normativa 
  • Coordinación efectiva con SEAGA e co conxunto das entidades locais para evitar baleiros administrativos que deixan zonas enteiras en situación de risco.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...