HomesociedadePor Chantada leva a pleno unha moción para condenar o xenocidio en...

Por Chantada leva a pleno unha moción para condenar o xenocidio en Palestina

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo (PC-IGV) presentou unha moción para o próximo pleno da Corporación na que se denuncia con firmeza o xenocidio cometido polo Estado sionista de Israel contra a poboación palestina e o apartheid imposto en Cisxordania

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A moción recolle datos estremecedores: máis de 56.000 persoas palestinas asasinadas, entre elas 18.000 nenas e nenos, segundo Nacións Unidas e organizacións humanitarias. Amais, denuncia o asedio total a Gaza, a destrución de hospitais, escolas e infraestruturas básicas, así como a fame imposta a toda a poboación.

«Non podemos aceptar que a Unión Europa e o Reino de España sigan caladas, fornecendo armas e mantendo acordos comerciais con Israel em canto se comete unha barbarie comparábel aos episodios máis negros da historia recente», afirma o grupo municipal.

Entre os acordos que se propoñen ao Pleno están:

  1. Condenar o xenocidio en Gaza e o apartheid en Cisxordania.
  2. Declarar a Benjamin Netanyahu persoa non grata.
  3. Instar ao Goberno español a liderar na UE un embargo comercial total a Israel, incluíndo a compra e venda de armamento, e impulsar sancións conforme á Carta das Nacións Unidas.
  4. Retirar a bandeira da Unión Europea do balcón e das dependencias municipais en tanto a Comisión Europea non condene con rotundidade o xenocidio e suspenda o Acordo de Asociación con Israel.

PC-IGV lembra que “a Galiza é un pobo solidario, con longa experiencia migratoria e de exilio, e que non pode permanecer indiferente. Chantada debe alzar a súa voz contra a barbarie e a prol dos dereitos humanos. Quen cala ou xustifica é cómplice”, conclúe a formación

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...