HomePolíticaA Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

Todo iso despois de que o alcalde cuestionase que non se consultase co Concello a posibilidade de recolocar a unha parte dos menores migrantes que o Executivo quere trasladar a Galicia ao centro Francisco Suárez de Prodeme da localidade.

Publicado o

- Advertisement -

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé –que lle recriminou non consultar co Concello a recolocación dunha parte de migrantes neste municipio– que se trata dunha “imposición” do Goberno o envío de 317 menores e “sen ningún consenso”. “Galicia vese na obriga de pór a andar novos centros, o de Monforte é dunha entidade social e está novo”, sentenciou para explicar os motivos de elección do municipio. “Lamento que non lle guste ao señor Tomé, se sempre demostrou ser unha persoa solidaria debería dar as grazas”, dixo sobre o centro con 80 prazas.

Todo iso despois de que o alcalde cuestionase que non se consultase co Concello a posibilidade de recolocar a unha parte dos menores migrantes que o Executivo quere trasladar a Galicia ao centro Francisco Suárez de Prodeme da localidade. “Advertimos ao Goberno — central — que se chegan 317 menores migrantes non nos queda máis que crear novos centros”, asegurou para incidir en que non hai nestes momentos “capacidade residencial” para acollelos cos existentes. “Por suposto aceptamos que cheguen menores migrantes, pero nestes momentos estamos obrigados a crear novos centros de protección para os que cheguen”, aseverou para recalcar que nos últimos anos a comunidade galega acolleu a 90 menores migrantes.

Por outra banda, explicou que a información da que dispoñen refírese á chegada de 13 menores, “principalmente adolescentes, sobre 17 anos, mesmo moi preto da maioría de idade”, pero destacou que non teñen datos sobre cando chegarán, ao ser preguntada por esta cuestión. “Agora está aberto o prazo de alegacións dos expedientes que nos acaban de chegar”, sinalou sobre eses 13. Todo iso pedindo ao Goberno central “máis colaboración, información e financiamento” ao reiterar que Galicia “non conta” coa necesaria para dar resposta a esta chegada de menores.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un...

XXXVI Festa da Castaña do Courel

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente...

Ata o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas en Monforte

As solicitudes poderán presentarse ata oi 21 de novembro, mediante modelo normalizado, no Rexistro...

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...