HomePolíticaQueixa do PP de Ribas de Sil á Valedora do Pobo polo...

Queixa do PP de Ribas de Sil á Valedora do Pobo polo incumprimento na periodicidade dos plenos

O Concello de Ribas de Sil leva medio ano sen celebrar ningunha sesión plenaria de carácter ordinario: a última, de carácter extraordinario, tivo lugar o 9 de maio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populare4s aseguran que o alcalde de Ribas de Sil leva medio ano sen convocar os plenos ordinarios incumprindo o acordo do inicio de mandato que establecía a súa celebración cunha periodicidade de dous meses.

“Ante este incumprimento reiterado co que se vulnera o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos e se reduce o dereito dos concelleiros de exercer plenamente as súas funcións representativas”, o Grupo Municipal Popular presenta formalmente unha queixa ante a Valedora do Pobo.

O incumprimento da periodicidade plenaria acordada, o primeiro luns de cada mez impar, atenta contra o dereito fundamental recoñecido no artigo 23 da Constitución Española que recolle: “Os cidadáns teñen dereito a participar nos asuntos públicos, directamente ou por medio de representantes, libremente elixidos en eleccións periódicas por sufraxio universal”.

Engaden que o rexedor socialista -que é o encargado de convocar as sesións plenarias- “está a vulnerar o principio de representación democrática ao impedir que os concelleiros da oposición exerzamos o noso labor de control ao goberno”.

A portavoz popular agarda que a Valedora do Pobo admita a trámite a queixa e que requira ao Concello o cumprimento inmediato do acordo plenario sobre a periodicidade dos plenos ordinarios; ademais de emitir as recomendacións necesarias e supervisar o cumprimento das medidas adoptadas.

ÚLTIMAS

O 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia

A Deputación de Lugo abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para solicitar...

Chantada fai balance dun concorrido Nadal

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo...

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda...

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...