HomePolíticaO PP provincial busca acordo unánime na Deputación “para que a provincia...

O PP provincial busca acordo unánime na Deputación “para que a provincia teña os orzamentos que necesita”

O Grupo Provincial Popular vén de rexistrar unha moción na Deputación na que insta ao PSOE e ao BNG a rexeitar o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado e adoptar un acordo unánime para ter os investimentos que a provincia necesita

Publicado o

- Advertisement -

Para o Grupo Provincial do PP, os socialistas teñen a oportunidade de amosar o seu apoio á provincia apoiando esta moción. E din das contas do PSOE que “nin eles mesmos as comparten ata o punto de que ten que vir defendelas o delegado do Goberno porque ninguén do PSOE se atreve a dar a cara”.

Segundo o PP as contas dos socialistas son populistas e recollen subida de impostos, máis déficit, máis débeda, menos crecemento e menos emprego. Desde o PP precisan que o “suposto xiro social do Goberno consiste en levar a cabo medidas sociais que xa aprobara o Goberno de Mariano Rajoy como son a suba das pensións, do salario dos funcionarios, das partidas dedicadas á violencia de xénero, entre outras”.

Contrariamente ao que sinalaba esta semana o delegado do Goberno, Javier Losada, os populares aseguran que cos presupostos do Estado pérdense para a provincia un 35% dos investimentos en infraestruturas con respecto ao 2018. Entre outros exemplos recollen o ferrocarril “a renovación e variantes da liña Monforte-Lugo que nos orzamentos do PP ten un custo total de 889 millóns de euros, no presuposto socialista redúcese a 310 millóns e para a partida de electrificación da liña Monforte-Lugo o custo das obras pasa de 113 millóns a 83 millóns, un 27% menos.”

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...