HomePolíticaOs socialistas de Sarria denuncian que "os veciños asumirán o plan económico...

Os socialistas de Sarria denuncian que “os veciños asumirán o plan económico de Garrido”

O PSdeG-PSOE de Sarria denuncia a "nefasta xestión económica do alcalde, Claudio Garrido", tras o anuncio feito hoxe polo propio rexedor de incrementar de forma xeneralizada os impostos e taxas municipais, incluíndo a recollida do lixo, o IBI, a auga e o imposto de vehículos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os socialistas, esta subida de impostos “é consecuencia directa do incumprimento da regra de gasto por 1,5 millóns de euros, e demostra a falta total de planificación e responsabilidade do alcalde, que pretende que sexan os veciños quen paguen as consecuencias da súa incompetencia”, subliñan.

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, cualificou esta situación como “a cara B do pacto co PP, resultado dunha política electoralista, sen previsión nin control do gasto”.

“Garrido non promove ningún plan económico financeiro por iniciativa propia. Faino porque non lle queda outra opción: se non o presenta, o Concello será intervido por Facenda. É o resultado de anos de advertencias de Intervención que ignorou sistematicamente”, explicou Escontrela.

Segundo os socialistas, os informes de Intervención levan anos advertindo da necesidade de corrixir os desequilibrios orzamentarios e da falta de control no gasto municipal. O voceiro lembra que o rexedor xa incrementou nos últimos anos tarefas e servizos básicos como a piscina climatizada, a conciliación familiar, a atención temperá, as terrazas ou as tarefas da residencia de maiores, “sen facer ningunha mellora nin reforma, máis aló da cuberta da residencia”.

Agora, engaden, “a veciñanza enfróntase a unha das maiores subas fiscais da historia recente de Sarria. A taxa do lixo increméntase máis dun 200%, pasando de 56 a case 120 euros anuais; o IBI sobe un 19%; o imposto de vehículos encarece preto dun 30%, e a auga incrementa un 2,7%. Son incrementos desorbitados que deberían terse aplicado de forma progresiva e planificada, pero a súa desidia obrígao a facelo todo de golpe”, critica Escontrela.

O PSdeG considera que esta medida é a cara oculta do pacto entre Garrido e o Partido Popular e anuncia que votará en contra desta suba xeneralizada de impostos e taxas, e advirte que seguirá denunciando “cada decisión que castigue á cidadanía e premie a improvisación dun alcalde que fai pagar á veciñanza as consecuencias da súa propia incompetencia”

ÚLTIMAS

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...