HomePolíticaO PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de...

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O partido convocou a concentración celebrada este martes na Praza da Vila para manifestar o descontento social con esta medida “non imos permitir que afogue á nosa veciñanza”, afirmou o Voceiro, Benjamín Escontrela

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas as advertencias e agora pretende que sexa a xente quen pague a súa nefasta xestión económica”. Engadiu que “non imos permitir que se afogue á veciñanza con recibos imposibles nin que Sarria pague o prezo dunha irresponsabilidade da que Garrido é único responsable”.

Escontrela asegura que o propio alcalde provocou un desaxuste orzamentario de 1,5 millóns de euros, e que agora utiliza o plan económico “para meter a man no peto da cidadanía, subindo de golpe taxas como o lixo, o IBI, a auga ou os vehículos nun dos maiores incrementos fiscais que se recordan no municipio”.

O partido agradeceu a participación da cidadanía e afirmou que continuará promovendo mobilizacións e iniciativas políticas para frear “un golpe fiscal tan inasumible como innecesario”.

Concentración taxas / PSOE

ÚLTIMAS

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...