HomePolíticaO PP de Monforte pedirá en pleno iniciar os trámites para contar...

O PP de Monforte pedirá en pleno iniciar os trámites para contar cun PXOM actualizado á normativa vixente

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte defenderán no pleno deste luns que o Concello inicie os trámites necesarios para que o municipio conte cun Plan Xeral de Ordenación Municipal adaptado á lexislación vixente

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira municipal do PP, Katy Varela, sinala que o Concello de Monforte de Lemos carece dun PXOM actualizado e adaptado á Lei do Solo de Galicia e á normativa estatal vixente. “Esta situación provoca un marco de inseguridade xurídica, limita o desenvolvemento económico e urbanístico, frea o asentamento de novas actividades empresariais ou residenciais e dificulta a execución de proxectos tanto públicos como privados”, afirmou.

Segundo os populares, o PXOM constitúe o principal instrumento de ordenación urbanística dun municipio xa que nel se regulan, entre outras cuestións, a clasificación e cualificación do solo, planifícanse os usos do territorio, defínese o modelo de crecemento e organízase o desenvolvemento sostible do termo municipal.

Ante esta situación, “non se explica que este equipo de goberno sexa tan proclive a realizar obras de urbanismo, como as urbanizacións nas zonas denominadas C ou D no centro urbano ao carón do río, e non se decida a aprobación do PXOM, o que denota que é dunha absoluta irresponsabilidade abrir rúas e zonas urbanas novas sen ter aprobado un plan de urbanismo primeiro”.

A iniciativa que defenderán os populares no pleno contempla:

  • Instar ao equipo de goberno do Concello de Monforte de Lemos a iniciar de inmediato a redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), como instrumento esencial para o desenvolvemento urbanístico, económico e social do municipio.
  • Elaborar e facer público un calendario de traballo que recolla as distintas fases do procedemento de elaboración e tramitación do PXOM (avance, aprobación inicial, exposición pública, aprobación provisional e aprobación definitiva), cos prazos estimados para cada unha delas.
  • Garantir a participación da veciñanza, asociacións, colectivos sociais e axentes económicos mediante a celebración de xornadas informativas, consultas públicas e a habilitación de canles para a presentación de propostas e alegacións ao longo de todo o proceso.
  • Dotar unha partida específica nos orzamentos municipais destinada á contratación de equipos técnicos especializados para a redacción do PXOM, así como para os traballos e informes necesarios.
  • Dar traslado deste acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, solicitando a colaboración e asesoramento técnico para a correcta elaboración do novo plan

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...