HomePolíticaPP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

PP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

O PP de Monforte asegura que non é prioritario investir 677.000€ na creación dunha fonte ornamental no parque dos Condes, "cando os monfortinos teñen servizos básicos sen cubrir por parte do Concello". Pola súa banda o BNG de Monforte cualifica de "innecesaria e desproporcionada a construción dunha fonte ornamental de máis de 677.000€ no Parque dos Condes, unha das zonas máis utilizadas polos veciños e veciñas da cidade".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira do popular, Katy Varela, amosou o seu desacordo co anuncio de Tomé de destinar 677.000€ á construción dunha gran fonte ornamental no parque dos Condes porque “non responde ás verdadeiras necesidades dos veciños de Monforte”.

Katy Varela denuncia que este investimento suporá a eliminación dunha parte da zona verde, moi empregada polas persoas maiores que acoden a diario ao parque. “En lugar de minimizar a zona verde o Concello debería de apostar por unha actuación máis útil e respectuosa coa contorna, como a instalación dunha cuberta ornamental, que permita aos usuarios do parque seguir desfrutando do mesmo tamén no inverno, ao abeiro das inclemencias meteorolóxicas”, afirmou.

Os populares sinalan que o municipio ten necesidades moito máis urxentes sen solucionar, como “a mellora das instalacións do centro de día, o aumento das prazas na gardaría municipal ou a dotación de máis medios para o SAF, que na actualidade conta cunha ampla lista de agarda”.

Tamén o BNG reacciona ante o anuncio do alcalde de Monforte dunha gran fonte no Parque dos Condes, “trátase dun proxecto propio doutro tempo, sen prioridade social nin ambiental, que responde máis á megalomanía do señor alcalde que ás necesidades reais da veciñanza”.

“Con 677.000 euros poderíanse mellorar moitos servizos que si son urxentes: levar o saneamento ás parroquias, arranxar o mercado gandeiro ou crear un parque de mascotas digno. Pero o alcalde prefire gastar o diñeiro en formigón e luces”, afirmou Emilio J. Sánchez, voceiro municipal do BNG.

Desde o Bloque lembran que os cartos públicos deben empregarse con sentido e responsabilidade, atendendo as demandas reais da cidadanía e non en proxectos de escaparate. A este respecto critican as declaracións da voceira do PP, que pediu que ese investimento se destinase a reforzar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ou a gardería municipal, “quen ten a obriga de financiar eses servizos é a Xunta de Galicia, non o Concello. É unha mostra máis da súa incoherencia e da falta de seriedade do PP cando se trata de defender os intereses de Monforte”, subliñou Manuel Luaces, responsable local do BNG.

Plano das actuacións a realizar no Parque dos Condes. Foto: Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio...

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...

Opinión: Noite de Ánimas ou Noite dos Defuntos

A partires das 24:00 h. estaremos xa no mes de novembro, mes denominado como...

Detido un veciño de Sarria por delito continuado de estafa

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Sarria acusado dun...