HomePolíticaEsperta Monforte leva a pleno a "perda progresiva de servizos e profesionais"...

Esperta Monforte leva a pleno a “perda progresiva de servizos e profesionais” no Hospital de Monforte

Esperta Monforte presenta dúas mocións, unha solicitando reunión con Xerencia de Xestión Integrada de Lugo para abordar as deficiencias do Hospital de Monforte e outra solicitando melloras nunha das rúas de acceso ao centro.

Publicado o

- Advertisement -

Esperta Monforte solicita, na súa moción, acabar coa “perda progresiva de servizos e profesionais”, reclaman un segundo especialista para dixestivo, que se informe aos pacientes que en Dixestivo e Neuroloxía, o substituto é un internista e pregúntanse cando se cubrirá a praza de rehabilitador ao vir de quedar cun só especialista. Esperta Monforte critica a xestión  da subdirección do Hospital no servizo de matronas, enfermaría ou coa posta en marcha do programa de trazabilidade no servizo de esterilización. Segundo a formación política, lévanse perdido nos servizos xerais do Hospital, un perito en mantemento, un carpinteiro, unha telefonista, o xefe de cociña solicita un cociñeiro/a,…

Aclaran, desde Esperta Monforte que a súa moción está vinculada ao funcionamento do Hospital monfortino, pero que o problema é de base, “estando en perigo a sanidade pública. Os profesionais dos PACS están en pé de guerra, os centros de saúde perdendo profesionais…..mortes de pacientes por desatención….etc.”

A este respecto S.O.S. Sanidade Pública ten convocada unha manifestación en Santiago de Compostela para o vindeiro día 10 de Febreiro, na que, entre outras cousas, figura a recuperación da Área Sanitaria para o Hospital de Monforte. Desde Esperta Monforte anuncian a súa participación.

Na súa moción Esperta Monforte solicita reunión urxente co Xerente de Xestión Integrada de Lugo de todos os portavoces e coa subdirección do hospital de Monforte e que se lles informe do estado no que se encontra a posta en marcha do Consello de Saúde e a súa posta en marcha funcionalmente.

Noutra moción Esperta Monforte refírese aos accesos ao Hospital e solicitan ao equipo de Goberno que se dirixa á Consellería de Sanidade para pedir o arranxo da beirarrúa da marxe dereita entre a rúa Corredoira e Irmáns da Pena.

ÚLTIMAS

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...